sábado, 31 de mayo de 2008

CAMPAMENTO DE VERAN

CAMPAMENTO DE VERÁN 2008 DO1 AO 11 DE XULLOPIRENEO ANDORRANO(e val de Nuria- Girona)Achégase a data das vacacións de verán e este é o momento en que o noso club fai a súa saída estrela de todo o ano e o Pireneo sempre é unha gran tentación e unha visita de éxito seguro.Non sabemos que vos suxire Andorra, este pequeno país pirenaico, e é difícil sabelo porque é tanto, de tanta calidade e tan variada a súa oferta que o que busque cada un dos socios asistentes seguro que o atopa.Por suposto alta montaña, poñeremos os nosos pés nos cumes dos seus picos de "case tres mil" coroaremos a súa máxima altitude, o Comapedrosa (2.942m.) e atoparemos máis retos en alta montaña como o Pico da Pa Ferrera (2.912m.) o Fontblanc (2.901m.), Pico de Pesons (2.864m.) Casamanya (2.741m.). Teremos tamén a oportunidade de saír do principado para ascender o máximo cume da provincia de Girona, O Puigmal (2.913m.), aproveitaremos esta saída para coñecer o afamado e fermosísimo Val de Nuria, onde visitaremos o seu santuario e faremos uso do seu tren cremalleira, un dos dous existentes en España.Os que non desexen subir tan alto percorrerán os seus vales, algúns tan importantes como o Val de Madriu, que está catalogado como Reserva da Biosfera, Val de Rialp...etc. Non esquezamos que Andorra non só é o país das montañas e os lagos, éo tamén das flores e os seus vales están no mes de Xullo cheos de beleza.E máis para todos: Vías ferratas de iniciación, Caldea, o conxunto termal máis grande do sur de Europa, visitaremos o seu parlamento, os seus museos, a súa arte románica e as consabidas compras, volverémonos tolos entre tanta tenda tan ben surtida de material de montaña.Como sabedes temos á nosa disposición os servizos do Hotel Himalaya **** en Soldeu, especializados en clubs de montaña, onde teremos todas as comodidades dun bo hotel a un prezo pouco máis que dun albergue. Así mesmo, os incondicionais da tenda de campaña serán os nosos veciños nun cámping próximo.A partir do 6 de Xuño abriremos a lista, e pechámola o 21 de Xuño. Teremos toda a información á vosa disposición, programa de actividades e prezos.Este verán cos teus compañeiros de club comproba que ANDORRA TENO TODO