miércoles, 29 de octubre de 2008

MONTES DO INVERNADEIRO

Data: Domingo 23 de novembro 2008

Dificultade: Media – baixa, dependendo do tempo atmosférico.

Prezos :Decidiranse na reunión en función do nº de participantes

Saída: 8 da mañá do Pavillón dos Deportes de Pontevedra.

Inscricións: Ata o xoves 20 de novembro ás 21:30 h.

Material necesario: Roupa de abrigo e de auga, botas, bastóns, auga e comida.
Reunión obrigatoria: Xoves 20 de novembro ás 21:30 h.

Descrición da ruta: O parque Natural “Montes de Invernadeiro”, atópase ao Leste da provincia de Ourense no concello de Vilariño de Conso.
O acceso ao parque farémolo en coche por unha pista que parte de Campobecerros e chega á barreira de control do mesmo. Alí nos espera o persoal da Gardería do Parque onde hai que presentar os permisos correspondentes que autorizan o acceso, horario de permanencia e rutas a realizar que xa temos concedido (non nos concederon a pasar a noite do sábado ao domingo nas instalacións da Ribeira Grande. Como consecuencia dado o horario de acceso e saída do Parque, faise imposible realizar a ruta deseñada para o 2º día, quedando so un día no que faremos as rutas do 1º día. Esperamos programar ese percorrido para o próximo ano nunha época que permitan quedarse a durmir, ligada a unhas actividades de observación astronómica que organizan nese lugar).
A ruta comeza a 12 kms da barreira de recepción do Parque, este traxecto faise en coche por unha pista que bordea o encoro das Portas ata chegar ás instalacións da Ribeira Grande onde deixaremos o coche e comezamos a camiñar para facer as rutas solicitadas das que temos autorización pois esta é unha zona do Parque de uso público restrinxido, só con autorización e sen saírse da senda señalizada.
Temos concedidas a “Ruta da Auga” e a “Ruta das Troitas” que enlazaremos de forma circular ata o coche para retornar os 12 kms de pista e poder saír do Parque antes das 17:30 horas.
A ruta vai por unha zona de piñeiral rodeando as cercas onde pódense ver rebeco, cervo,... Seguimos logo polo río Ribeira Grande enlazando coa zona que utilizan para o estudio das troitas.

Xeoloxicamente .- Está formado polos “Xistos do Invernadeiro” de carácter ácido.

Fauna.- Este Parque está poboado por cabra montesa,rebezo, cervo, gato montes, marta e londra, son visibles rastros de lobo.

Vexetación.- Os Montes do Invernadeiro están nunha zona de transición entre a “Rexión Mediterránea” e a “Eurosiberiana” o que fai que se atopen especies dos dous mundos florísticos. Nas árbores: bidueiros, freixo, capudre (serbal de cazador), sanguiño, pradairo, acibo, teixo, abeleiras, salgueiros, amieiros, sabugueiro, varias especies de carballos, e a zona de repoboación con diferentes piñeiros. Nos arbustos atopamos a carqueixa, uz, espiño, arando, piorno, xesta,...

GROVAS “A ALDEA ESCONDIDA”

Data: 9 de novembro do 2008.
Dificultade : Media.
Distancia: 25km
Organiza :Carlos Rios.
Saída: As 8:00h do pavillón municipal dos deportes .
Prezos: Socios federados ------------------- 10€
Socios ------------------------------- 12€
Non socios -------------------------- 16€

Inscricións: Ata o día 6 de novembro é reunión obrigatoria o xoves día 6 ás 21:30h no local do club.
Material necesario:


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :
Sairemos da aldea de Codesás en Trasdomonte para ir descubrindo a beleza da arquitectura popular da zona.Pasaremos polas aldeas de Ventosela e A Graña e logo subiremos paseniñamente ata o “Coco” (969m) .Despois de disfrutar dunha das mellores vistas da serra baixaremos ata a pequena aldea de Ameixeira para adentrarnos na súa fraga e ver o que se agocha no seu interior. Continuaremos cara os prados de Bustelos e o rego dos Temos para ir buscar a aldea misteriosa .
Logo de xantar e recuperar folgos comezaremos a subir despaciño cara o “san Benito do Candan” (1014m) máxima altura da serra .
Tan so nos queda baixar ata o fondo do val onde si temos sorte poderemos visitar o mosteiro de Acibeiro e o seu entorno.