jueves, 28 de febrero de 2008

SEMANA SANTA

Parque natural de cazorla segura y las villas

Data:Do 19 o 23 de marzo.
Dificultade : Media.
Distancia: Varios sendeiros de distinta lonxitude
Organiza :Carlos Rios.
Saída: O mércores día 19.
Prezos: Variarán en función do número de participantes e decidiranse na reunión da actividade.
Inscricións: Ata o día 14 de marzo é reunión obrigatoria o venres día 14 ás 21:30h no local do club.Decidirase na reunión a hora de saída, o prezo e outras cousas .
Material necesario: Material de acampada individual, mochila de ataque, e todo o necesario para 4 días de sendeiros. E recomendable levar prismáticos, cámaras de fotos.


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :

A idea e coñecer en 4 días parte do parque natural de Cazorla facendo base nun camping da zona preto da localidade de Cazorla. No parque natural existen multitude de sendeiros de todo tipo de dificultade. Do cámping parten 14 sendeiros que iremos alternando segundo ó tempo atmosférico e a forma física dos participantes. O igual que o ano pasado en Monfrague tentaremos descubrir os segredos da fauna, flora e a Xeoloxía da zoa. Visitaremos o centro dos visitantes da Torre do aceite.
Entre as riquezas do parque están os voitres, alimoches, aguia imperial, lince, cabra montesa....

Estamos á espera de recibir mais información da zoa que poderán ampliar no club. O noso horario é de mércores a venres de 21 a 22 h.

domingo, 3 de febrero de 2008

ACTIVIDADES DE MARZO

CATOUTE

Data:1 e 2 de marzo
Dificultade: media, depende moito da cantidade e do estado da neve (se a hai)
Organiza: Fernando Molina
Distancia dende Pontevedra: Colinas del Campo de Martín Moro está a 347 Km. de Pontevedra.
Prezos: Socios federados ------------------- 25€
Socios ------------------------------- 30€
Non socios -------------------------- 40€
Os prezos poderán variar no caso de non reunir xente suficiente para ir en bus.
Saída: O sábado a las 8 de la maña.
Inscricións: ata o xoves 28 de febreiro as 21,30 h
Reunión obrigatoria: O xoves día 28 de febreiro as 21,30h. Se a predicción do tempo es moi mala podería aprazarse a saída.
Material necesario: Dependendo do tempo material para la neve. Tamén haberá que levar material de acampada. Una mochila pequena de ataque o similar pode ser útil, si deixamos a grande nun punto e camiñamos dende alí.
Descrición da actividade:
O Catoute e o monte que algúns chaman “cumbre del Bierzo”. Ten unha altitude de 2112 m. Nas guías e libros e considerado como un cumio relativamente fácil e moi bonito.
Sairemos de Colinas del Campo de Martín Moro Toledano (1050m).Este pobo de nome tan longo está declarado Ben de Interese Cultural, coa categoría de Conxunto Histórico e pertence o municipio de Igüeña.
Ascenderemos por un bonito sendeiro (din que de orixe romano que constituía un dos ramais do Camiño de Santiago, que enlazaba o Camiño Francés co do Norte) xunto o río Boeza ata o seu nacemento nunha zona de prados (cubeta de orixe glaciar) ideal para acampar (1500m). Neste lugar hai unha cabana e unha ermida. Aquí poderemos deixar a maior parte do peso e saír dar unha volta en dirección a outros montes da zona (Tambarón) o hacia o pobo omañés de Fasgar. O domingo haberá dúas opcións para subir o Catoute (2112m):
o Con mochila lixeira e voltar polo mesmo camiño que fixemos.
o Subir con todo o material e voltar a Colinas por un camiño diferente, facendo unha ruta circular de dous días.
No local do club deixo fotocopias con algunhas curiosidades sobre a zona que busquei en internet.


IROITE
(Circular do Barbanza)



Data:9 de marzo
Dificultade: Baixa agás pola distancia a percorrer
Distancia: Entre 22 e 25km
Organiza: Amancio Castro e Carlos Rios contando coa colaboración de Daniel Pino que e o noso Guía especializado na zona.
Prezos: Socios federados ------------------- 6€
Socios ------------------------------- 12€
Non socios -------------------------- 20€
Saída: Do pavillón dos deportes as 8:30h
Inscricións: ata o xoves 6 de marzo.
Reunión obrigatoria: O xoves 6 de marzo as 21,30h.
Material necesario: Auga e comida para o día, Chuvasqueiro , protección solar,roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns e cámara de fotos.
Moi importante levar auga suficiente dado que so hai un punto de auga no camiño( na metade); tamén e importante levar botas.
Descrición da actividade:
A serra da Barbanza estendese de norte a sur dende a ría de Noia ata a ría de Arousa . No seu estremo norte atopase o monte Iroite con 687m ocupado pola EVA 10 ( radares militares). Este será o noso punto de partida para coñecer a serra dun xeito diferente.Comezaremos a camiñar pola pista que rodea a serra polo oeste co a ría de Noia os nosos pes. Seguiremos sempre pola pista cara o sur descubrindo diferentes miradoiros ata chegar a altura do monte Enxa, co centro de control marítimo no seu cumio.Aquí viraremos cara o leste e comezaremos a descubrir as brañas que ocupan gran parte da serra.Atravesaremos polas brañas para chegar ata a única fonte do camiño para comer. Dende alí seguiremos cara o leste ata descubrir a ría de Arousa . Despois das fotos aínda nos queda unha tiradiña ata o bus; e de seguro que neste tramo todos descubriremos cousas novas
(Fíxosenos noite vendo o atardecer sobre a ría ).

ACTIVIDADES DE FEBREIRO

ARRODEO DO MARCOFAN


Data: 17 de febreiro.
Dificultade : Baixa.
Distancia: 18km
Organiza : Roberto Lusquiños .
Saída: Do pavillón dos deportes as 9:30h
Prazas: Min 30 e Max 40
Prezos: Socios federados ------------------- 5€
Socios ------------------------------- 10€
Non socios -------------------------- 15€
Inscricións: Ata o día 14 de febreiro e reunión obrigatoria o xoves día 14 ás 21:30h no local do club. Ás custas pagaranse no momento da inscrición.
Material necesario: Auga e comida para o día, Chuvasqueiro , protección solar,roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns.


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :
Nesta ocasión ímonos acercar ata terras do concello de Beariz . Comezaremos a camiñada preto da aldea de As Santas na N541.
Camiñando por pistas achegarémonos ata o Alto da Vixía,con fermosas vistas das serras do interior e do val de Beariz, pasando por a Mámoa de Chancela e o Porto dos Bois. Dende alí baixaremos na procura do Castro de Magros e da aldea do mesmo nome. Despois da visita a aldea achegarémonos a un sobreiral con sorpresas e dende alí voltaremos a pista forestal para voltar o punto de partida rodeando o Marcofan pola ladeira oeste.