miércoles, 29 de octubre de 2008

MONTES DO INVERNADEIRO

Data: Domingo 23 de novembro 2008

Dificultade: Media – baixa, dependendo do tempo atmosférico.

Prezos :Decidiranse na reunión en función do nº de participantes

Saída: 8 da mañá do Pavillón dos Deportes de Pontevedra.

Inscricións: Ata o xoves 20 de novembro ás 21:30 h.

Material necesario: Roupa de abrigo e de auga, botas, bastóns, auga e comida.
Reunión obrigatoria: Xoves 20 de novembro ás 21:30 h.

Descrición da ruta: O parque Natural “Montes de Invernadeiro”, atópase ao Leste da provincia de Ourense no concello de Vilariño de Conso.
O acceso ao parque farémolo en coche por unha pista que parte de Campobecerros e chega á barreira de control do mesmo. Alí nos espera o persoal da Gardería do Parque onde hai que presentar os permisos correspondentes que autorizan o acceso, horario de permanencia e rutas a realizar que xa temos concedido (non nos concederon a pasar a noite do sábado ao domingo nas instalacións da Ribeira Grande. Como consecuencia dado o horario de acceso e saída do Parque, faise imposible realizar a ruta deseñada para o 2º día, quedando so un día no que faremos as rutas do 1º día. Esperamos programar ese percorrido para o próximo ano nunha época que permitan quedarse a durmir, ligada a unhas actividades de observación astronómica que organizan nese lugar).
A ruta comeza a 12 kms da barreira de recepción do Parque, este traxecto faise en coche por unha pista que bordea o encoro das Portas ata chegar ás instalacións da Ribeira Grande onde deixaremos o coche e comezamos a camiñar para facer as rutas solicitadas das que temos autorización pois esta é unha zona do Parque de uso público restrinxido, só con autorización e sen saírse da senda señalizada.
Temos concedidas a “Ruta da Auga” e a “Ruta das Troitas” que enlazaremos de forma circular ata o coche para retornar os 12 kms de pista e poder saír do Parque antes das 17:30 horas.
A ruta vai por unha zona de piñeiral rodeando as cercas onde pódense ver rebeco, cervo,... Seguimos logo polo río Ribeira Grande enlazando coa zona que utilizan para o estudio das troitas.

Xeoloxicamente .- Está formado polos “Xistos do Invernadeiro” de carácter ácido.

Fauna.- Este Parque está poboado por cabra montesa,rebezo, cervo, gato montes, marta e londra, son visibles rastros de lobo.

Vexetación.- Os Montes do Invernadeiro están nunha zona de transición entre a “Rexión Mediterránea” e a “Eurosiberiana” o que fai que se atopen especies dos dous mundos florísticos. Nas árbores: bidueiros, freixo, capudre (serbal de cazador), sanguiño, pradairo, acibo, teixo, abeleiras, salgueiros, amieiros, sabugueiro, varias especies de carballos, e a zona de repoboación con diferentes piñeiros. Nos arbustos atopamos a carqueixa, uz, espiño, arando, piorno, xesta,...

GROVAS “A ALDEA ESCONDIDA”

Data: 9 de novembro do 2008.
Dificultade : Media.
Distancia: 25km
Organiza :Carlos Rios.
Saída: As 8:00h do pavillón municipal dos deportes .
Prezos: Socios federados ------------------- 10€
Socios ------------------------------- 12€
Non socios -------------------------- 16€

Inscricións: Ata o día 6 de novembro é reunión obrigatoria o xoves día 6 ás 21:30h no local do club.
Material necesario:


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :
Sairemos da aldea de Codesás en Trasdomonte para ir descubrindo a beleza da arquitectura popular da zona.Pasaremos polas aldeas de Ventosela e A Graña e logo subiremos paseniñamente ata o “Coco” (969m) .Despois de disfrutar dunha das mellores vistas da serra baixaremos ata a pequena aldea de Ameixeira para adentrarnos na súa fraga e ver o que se agocha no seu interior. Continuaremos cara os prados de Bustelos e o rego dos Temos para ir buscar a aldea misteriosa .
Logo de xantar e recuperar folgos comezaremos a subir despaciño cara o “san Benito do Candan” (1014m) máxima altura da serra .
Tan so nos queda baixar ata o fondo do val onde si temos sorte poderemos visitar o mosteiro de Acibeiro e o seu entorno.

jueves, 2 de octubre de 2008

PORTOS DE AGÜERIA

DATA: 11 e 12 de Outubro 2008
DIFICULTADE: media- alta. Nalgún sitio teremos que andar aferrándonos coas mans, cruzar pedreas e ademáis teremo que facelo levando peso..
INSCRIPCIONS: ata o xoves 9 de outubro
REUNIÓN OBRIGATORIA: o xoves as 21:30. si a predición do tempo e moi mala podría aplazarse a saída

MATERIAL NECESARIO: na reunión comentaránse con detalle. O de sempre para ir ó monte e material de acampada (non esquecer linterna o frontal). Non atoparemos moita auga para beber durante o camiño. Por favor, se alguén ten algunha duda que pregunte. Intentada non levar moito peso.

DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE:

Os Portos de Agüeria son un lugar situado ó Norte do macizo de Ubiña. Están encaixados entre Peña Rueda polo Este e “Huertos del Diablo” polo Oeste. Administrativamente están entre os municipios asturianos de Quirós e Teverga.
Son uns prados mezclados con bosques de Acevos rodeados de montes calcáraos de gran beleza.
Dende a zona asturiana se pode chegar pero hai que facer moitos kilómetros de carretera. Para chegar a eles dende a parte leonesa utilizaremos camiños de certa dificultade camiños de certa dificultade pero es unha oportunidade para coñecer un pouco mellor as posibilidades que ofrece a zona de Peña Ubiña.
Según as condicións se decidirá antes o itinerario: pode ser pola Muesca de la Cigacha, polo Canalón Bajero de Peña Redonda, ou pola Senda das Merinas.
Saldremos o venres pola noite e chegaremos algo tarde a zona para durmir xunto ós coches.
O sábado utilizaremos un dos camiños que cruzan a zoa de Peña Ubiña para chegar ós Portos e durmir nas tendas
Intentaremos ca ruta sexa circular volvendo por outro dos pasos mencionados.

I Xuntanza de Sendeiristas Galegos

O Concello de Forcarei e a FGM organizan a primeira xuntanza de sendeiristas Galegos que tera lugar o domingo 19 de outubro no entorno da Serra do Candán.
Programa:
10:00 h: Saída do roteiro do Mosteiro de Aciveiro.
13:00 h: Avituallamento.
15:00 h: Chegada a o Mosteiro de Aciveiro.
15:30 h: Xantar con animación musical.
Inscripcións ata o xoves 9 de outubro, no clube.
Transporte en coches. Prezos: a actividade é gratuita agás o coste do transporte.
Información: 620 448 068

CASTELO DA PEROXA

DATA: 26 de Outubro 2008
DIFICULTADE: Baixa.
SAIDA: as 8 da mañá do Pavillón dos Deportes de Pontevedra
INSCRIPCIONS: ata o xoves 23 de Outubro
MATERIAL NECESARIO: Botas, Gafas de sol, bastóns, auga.
DESCRIPCIÓN DA RUTA:
Desta vez imos coñecer parte do concello da Peroxa que pertence á Ribeira Sacra Ourensá. Comezaremos a andaina nos Peares onde as augas do Rio Sil e Miño casan. No ascenso pasaremos por pequenas aldeas con encanto e case abandonadas como “A Cuqueira”. Seguindo a marxe dereita do Rio Búbal que nos leva a aldea de Besteiros, gozaremos da espectacular beleza dun río de montaña.
Despois da subida empezamos a camiñar por corredoiras con fermosas leiras e prados que nos levaran ata a pequena aldea de Bustos e o Pazo de Turbisquedo (convertido nunha fermosa casa de turismo rural). Seguindo o camiño de “ Os Navás de Montouto” e “ As Carrilleiras” poderemos contemplar unha panorámica do Canón do Sil. Logo de pasar Lentomil (coa súa casa señorial) e as Paraxas chegaremos o espacio natural protexido do Castelo da Peroxa (da época medieval e que pertenceu a un antigo gobernador local e mais tarde pasou a ser propiedade do Conde de Ribadavia). Dende o entorno do Castelo poderemos apreciar magnifica panorámica da cidade de Ourense o fondo. Dende alí baixaremos polo camiño do Rial que nos leva ata o sendeiro que concorre entre a vía Férrea e a veira do río Miño ata chegar de novo o pobo dos Peares, onde finaliza o percorrido.