domingo, 7 de septiembre de 2008

VII MARCHA POPULAR " A FRACHA"

Xa chegou setembro, acabouse o verán comezan as clases etc. Un ano mais para celebrar todo isto, imos facer unha festa a que chamaremos “VIII Marcha Popular A Fracha”. Como sempre a cita será o terceiro domingo de setembro que este ano cae o día 21. A cita será as 9:00 na estación do tren e o programa de festexos consistirá:

 Camiñada de máis menos 11 Km dende Pontevedra ata o Outeiro de Navío, con avituallamento na Canicouva.
 Comida campestre a prezos populares( menú completo 2€)
 Actuación do mellor grupo de Folk de fúrancho de toda a Bisbarra: “OS CHICHISOS”
 Xogos populares
 Sorteos de Agasallos e sorpresas

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

Sairemos da Estación de tren para ir polo sendeiro do Gafos ata o Alcouce. A continuación visitaremos o fermoso enclave de Coto Loureiro, onde poderemos observar o emprazamento dun Castro e un fermoso sobreiral. Logo seguiremos cara a Canicouva para dende alí subir paseniñamente ata Chan da Laxe con fermosas vistas.
Dende alí sairemos á pista forestal CF106 onde nos atoparemos coas marcas de entrerías que nos levarán ata o Outeiro de Navío.

Material Necesario: Crema solar, chuvasqueiro, 2 €, enerxía para participar nas actividades e moitas ganas de troula.( Imprescindible levar aplausos para os gaiteiros)

Dificultade: De baixa a moi baixa con refachos de media.
Prezos: A actividade e totalmente de balde agás a comida. ( A Comida pagarase no monte)
Inscricións: Ata o día Xoves 18 de Setembro no seguintes lugares:
CHEMA SPORT ( C/Benito Corbal nº 14)
MUSGO AVENTURA (C/ Xavier Puig nº 13)
CLUB DE MONTAÑEIROS


O rematar haberá bus para baixar.