domingo, 3 de febrero de 2008

ACTIVIDADES DE MARZO

CATOUTE

Data:1 e 2 de marzo
Dificultade: media, depende moito da cantidade e do estado da neve (se a hai)
Organiza: Fernando Molina
Distancia dende Pontevedra: Colinas del Campo de Martín Moro está a 347 Km. de Pontevedra.
Prezos: Socios federados ------------------- 25€
Socios ------------------------------- 30€
Non socios -------------------------- 40€
Os prezos poderán variar no caso de non reunir xente suficiente para ir en bus.
Saída: O sábado a las 8 de la maña.
Inscricións: ata o xoves 28 de febreiro as 21,30 h
Reunión obrigatoria: O xoves día 28 de febreiro as 21,30h. Se a predicción do tempo es moi mala podería aprazarse a saída.
Material necesario: Dependendo do tempo material para la neve. Tamén haberá que levar material de acampada. Una mochila pequena de ataque o similar pode ser útil, si deixamos a grande nun punto e camiñamos dende alí.
Descrición da actividade:
O Catoute e o monte que algúns chaman “cumbre del Bierzo”. Ten unha altitude de 2112 m. Nas guías e libros e considerado como un cumio relativamente fácil e moi bonito.
Sairemos de Colinas del Campo de Martín Moro Toledano (1050m).Este pobo de nome tan longo está declarado Ben de Interese Cultural, coa categoría de Conxunto Histórico e pertence o municipio de Igüeña.
Ascenderemos por un bonito sendeiro (din que de orixe romano que constituía un dos ramais do Camiño de Santiago, que enlazaba o Camiño Francés co do Norte) xunto o río Boeza ata o seu nacemento nunha zona de prados (cubeta de orixe glaciar) ideal para acampar (1500m). Neste lugar hai unha cabana e unha ermida. Aquí poderemos deixar a maior parte do peso e saír dar unha volta en dirección a outros montes da zona (Tambarón) o hacia o pobo omañés de Fasgar. O domingo haberá dúas opcións para subir o Catoute (2112m):
o Con mochila lixeira e voltar polo mesmo camiño que fixemos.
o Subir con todo o material e voltar a Colinas por un camiño diferente, facendo unha ruta circular de dous días.
No local do club deixo fotocopias con algunhas curiosidades sobre a zona que busquei en internet.


IROITE
(Circular do Barbanza)



Data:9 de marzo
Dificultade: Baixa agás pola distancia a percorrer
Distancia: Entre 22 e 25km
Organiza: Amancio Castro e Carlos Rios contando coa colaboración de Daniel Pino que e o noso Guía especializado na zona.
Prezos: Socios federados ------------------- 6€
Socios ------------------------------- 12€
Non socios -------------------------- 20€
Saída: Do pavillón dos deportes as 8:30h
Inscricións: ata o xoves 6 de marzo.
Reunión obrigatoria: O xoves 6 de marzo as 21,30h.
Material necesario: Auga e comida para o día, Chuvasqueiro , protección solar,roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns e cámara de fotos.
Moi importante levar auga suficiente dado que so hai un punto de auga no camiño( na metade); tamén e importante levar botas.
Descrición da actividade:
A serra da Barbanza estendese de norte a sur dende a ría de Noia ata a ría de Arousa . No seu estremo norte atopase o monte Iroite con 687m ocupado pola EVA 10 ( radares militares). Este será o noso punto de partida para coñecer a serra dun xeito diferente.Comezaremos a camiñar pola pista que rodea a serra polo oeste co a ría de Noia os nosos pes. Seguiremos sempre pola pista cara o sur descubrindo diferentes miradoiros ata chegar a altura do monte Enxa, co centro de control marítimo no seu cumio.Aquí viraremos cara o leste e comezaremos a descubrir as brañas que ocupan gran parte da serra.Atravesaremos polas brañas para chegar ata a única fonte do camiño para comer. Dende alí seguiremos cara o leste ata descubrir a ría de Arousa . Despois das fotos aínda nos queda unha tiradiña ata o bus; e de seguro que neste tramo todos descubriremos cousas novas
(Fíxosenos noite vendo o atardecer sobre a ría ).

ACTIVIDADES DE FEBREIRO

ARRODEO DO MARCOFAN


Data: 17 de febreiro.
Dificultade : Baixa.
Distancia: 18km
Organiza : Roberto Lusquiños .
Saída: Do pavillón dos deportes as 9:30h
Prazas: Min 30 e Max 40
Prezos: Socios federados ------------------- 5€
Socios ------------------------------- 10€
Non socios -------------------------- 15€
Inscricións: Ata o día 14 de febreiro e reunión obrigatoria o xoves día 14 ás 21:30h no local do club. Ás custas pagaranse no momento da inscrición.
Material necesario: Auga e comida para o día, Chuvasqueiro , protección solar,roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns.


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :
Nesta ocasión ímonos acercar ata terras do concello de Beariz . Comezaremos a camiñada preto da aldea de As Santas na N541.
Camiñando por pistas achegarémonos ata o Alto da Vixía,con fermosas vistas das serras do interior e do val de Beariz, pasando por a Mámoa de Chancela e o Porto dos Bois. Dende alí baixaremos na procura do Castro de Magros e da aldea do mesmo nome. Despois da visita a aldea achegarémonos a un sobreiral con sorpresas e dende alí voltaremos a pista forestal para voltar o punto de partida rodeando o Marcofan pola ladeira oeste.