jueves, 19 de junio de 2008

SERRA DA FREITA


Data: 25-26 e 27 de xullo.
Dificultade : Media.
Organiza : Sito Blanco.
Saída: Do pavillón dos deportes as 7:00h do día 25/2/08
Prazas: Max 30
Prezos: Socios federados ------------------- 50€
Socios ------------------------------- 60€
Non socios -------------------------- 70 €
Os prezos inclúen o camping.

Inscricións: Ata o día 23 de xullo e reunión obrigatoria o mércores día 23 ás 21:30h no local do club. Ás custas pagaranse no momento da inscrición.
As 14 primeiras inscricións terán premio SORPRESA.
Material necesario: comida para 3 días, saco de durmir , material de acampada, Chuvasqueiro, gafas de sol, protección solar, roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns. Pódese almozar e cear no camping.


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :

Nesta ocasión toca descubrir os segredos do noso pais veciño, Portugal. Imos visitar o espazo natural ,integrado na rede natura 2000, da “Serra da Freita” . A serra da Freita , xunto coas da Arada e San Macario, constitúen un fermoso macizo entre os vales dos Riós Paiva e Vouga situado a tan so 50km de Porto e a 30km en linea recta do mar.

Día 25: Despois de deixar as nosas cousas no parque de campismo porémonos en marcha para percorrer o trilho nº 16 que denominaremos como “rota erotica”. Partiremos do propio camping cara o norte e iremos camiñando todo o día por entre fermosos bosques descubrindo os seus segredos a cada paso. Visitaremos as aldeas de Lourosa de Matos e de Rossas onde poderemos admirar a arquitectura popular da zona. Xa de volta pasaremos pola capela da “Señora da Lage” e a aldea de Marujal. Despois de tomar unha cerveza só nos quedará 10 minutiños ata o camping.

Día 26: Outra vez teremos como punto de saída o Parque de Campismo. Hoxe imos percorrer o Trilho número 15 que ten como nome” Viagem a
Pré-historia”. O interese do sendeiro radica na observación das curiosas formación xeóloxicas da zona así como dos restos arqueolóxicos que se atopan no plan alto da Serra da Freita. Tamén visitaremos algunha das aldeas máis altas da serra. Tamén teremos oportunidade de divisar unha ampla panorámica dos vales do río Paivo e do río Arda así como as poboacións costeiras de Aveiro.

Día 27: Hoxe imos a realizar o sendeiro máis espectacular do parque denominada “Nas Escarpas de Mizarela” e que nos denominaremos a ruta do queixo. Para non repetirnos cambiaremos o punto de comezo da ruta e sairemos do parque de merendas de Merujal. Iremos a camiñar por un pinar cara a aldea do queixo, onde hai un miradoiro dende o que descubriremos a Frecha da Mizarela, unha vela caída de auga cunha altura duns 60 m. Dende alí descenderemos por un bosque de cerquiños cara o pe da cascata. Logo continuaremos baixando ata aldea da Ribeira onde tan só quedan dous habitantes. Despois de cruzar o río Caima, nos dirixiremos pola ladeira contraria ata atravesar o ribeiro de Cabaços. Dende alí seguiremos por sendeiros de montaña ata saír de novo o Pobo de Albergaría da Serra, Para rematar outra vez no punto de saída.

Nota para Escaladores: na serra da Freita existen 3 escolas de escalada sendo a másis interesante a zona dos cabaços con 15 vías con graduacións do IV ó VI grado . tratase de granito de boa adherencia con regletas e fendas. A proposta do Club se queredes aproveitedes a saída para coñecer novas zonas de escalada. Tamén se pode practicar na zona barranquismo con dúas zonas equipadas.