domingo, 3 de febrero de 2008

ACTIVIDADES DE FEBREIRO

ARRODEO DO MARCOFAN


Data: 17 de febreiro.
Dificultade : Baixa.
Distancia: 18km
Organiza : Roberto Lusquiños .
Saída: Do pavillón dos deportes as 9:30h
Prazas: Min 30 e Max 40
Prezos: Socios federados ------------------- 5€
Socios ------------------------------- 10€
Non socios -------------------------- 15€
Inscricións: Ata o día 14 de febreiro e reunión obrigatoria o xoves día 14 ás 21:30h no local do club. Ás custas pagaranse no momento da inscrición.
Material necesario: Auga e comida para o día, Chuvasqueiro , protección solar,roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns.


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :
Nesta ocasión ímonos acercar ata terras do concello de Beariz . Comezaremos a camiñada preto da aldea de As Santas na N541.
Camiñando por pistas achegarémonos ata o Alto da Vixía,con fermosas vistas das serras do interior e do val de Beariz, pasando por a Mámoa de Chancela e o Porto dos Bois. Dende alí baixaremos na procura do Castro de Magros e da aldea do mesmo nome. Despois da visita a aldea achegarémonos a un sobreiral con sorpresas e dende alí voltaremos a pista forestal para voltar o punto de partida rodeando o Marcofan pola ladeira oeste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario