miércoles, 11 de junio de 2008

“POZAS DE MOUGÁS”


“POZAS DE MOUGÁS”

DATA: 15 de Xuño do 2008
DIFICULTADE: Media - Baixa
ORGANIZA: Sonia Vaamonde e Cristóbal Paz
PREZOS: Socios Fed: 12€, Socios: 14€, Non Socios: 20€
SAIDA: O domingo ás 8:30 da mañá. Dende o Pavillón dos Deportes
DISTANCIA APROXIMADA: 22 KM
INSCRIPCIONS Ata o xoves día 12 de Xuño
MATERIAL NECESARIO: Botas, gafas de sol, crema solar, auga, comida, e para os que se queiran bañar un traxe de baño.

DESCRIPCIÓN DA RUTA

Situada entre o pobo de Baiona e Santa María de Oia. Visitaremos o curro de Mougás, o río que leva o mesmo nome e a poza mais grande, a cal, foi modificada para aumentar a súa capacidade, e así poder disfrutala como zona de baño. O longo do percorrido , poderemos disfrutar, dunhas fermosas vistas o mar, e dos regatos que forman as pozas cando caen do monte formando fervenzas.

Sairemos ás 9:30 subiremos monte arriba cara o curro. Logo continuaremos bordeando o monte pola parte mais alta ata chegar o refuxio dos cazadores, alí poderemos disfrutar dunhas espectaculares vistas.

Posteriormente baixaremos cara un picadero de cabalos, deixándoo, colleremos unha pista que nos levará ata a poza. Alí os que se queiran bañar poderán refrescarse da auga que cae do monte ou senón para os que queiran, alí mesmo hai un merendeino e unhas boas sombras, neste lugar xantaremos e despois baixaremos polo leito dun río no cal, hai un par de muíños un deles ten unha fermosa poza. Seguidamente colleremos a pista que nos levará o final da saída .

Sairemos pola mañá do “PEÑASCO III” un restaurante o pe da pista e chegaremos o “PEÑASCO II” punto donde nos recollerá o bus.