jueves, 2 de octubre de 2008

CASTELO DA PEROXA

DATA: 26 de Outubro 2008
DIFICULTADE: Baixa.
SAIDA: as 8 da mañá do Pavillón dos Deportes de Pontevedra
INSCRIPCIONS: ata o xoves 23 de Outubro
MATERIAL NECESARIO: Botas, Gafas de sol, bastóns, auga.
DESCRIPCIÓN DA RUTA:
Desta vez imos coñecer parte do concello da Peroxa que pertence á Ribeira Sacra Ourensá. Comezaremos a andaina nos Peares onde as augas do Rio Sil e Miño casan. No ascenso pasaremos por pequenas aldeas con encanto e case abandonadas como “A Cuqueira”. Seguindo a marxe dereita do Rio Búbal que nos leva a aldea de Besteiros, gozaremos da espectacular beleza dun río de montaña.
Despois da subida empezamos a camiñar por corredoiras con fermosas leiras e prados que nos levaran ata a pequena aldea de Bustos e o Pazo de Turbisquedo (convertido nunha fermosa casa de turismo rural). Seguindo o camiño de “ Os Navás de Montouto” e “ As Carrilleiras” poderemos contemplar unha panorámica do Canón do Sil. Logo de pasar Lentomil (coa súa casa señorial) e as Paraxas chegaremos o espacio natural protexido do Castelo da Peroxa (da época medieval e que pertenceu a un antigo gobernador local e mais tarde pasou a ser propiedade do Conde de Ribadavia). Dende o entorno do Castelo poderemos apreciar magnifica panorámica da cidade de Ourense o fondo. Dende alí baixaremos polo camiño do Rial que nos leva ata o sendeiro que concorre entre a vía Férrea e a veira do río Miño ata chegar de novo o pobo dos Peares, onde finaliza o percorrido.