viernes, 11 de abril de 2008

PORTOS DE AGÜEIRA

PORTOS DA AGÜERIA

FECHA: 16, 17 e 18 de maio 2008
DIFICULTADE: media- alta. Nalgun lugar habrá que andar agarrándose co as mans, cruzar pedrerías e ademáis habrá que levar peso.
ORGANIZA: Fernando Molina.
DISTANCIA DENDE PONTEVEDRA: 350 km.
PRECIOS: repartiranse os gastos da organización e do transporte nos coches entre os participantes.
SALIDA: O venres. Deberíamos sair sobre as 21h como moi tarde, pero intentaremos acomodarnos a os compromisos dos participantes.
INSCRIPCIONS: hata o xoves 15 as 21,30h.
REUNIÓN OBLIGATORIA: O xoves as 21,30h. Xa predición do tempo é moi mala podríase aplazar a saida.
MATERIAL NECESARIO: Na reunión comentarase con detalle o material necesario. Necesitarase material de acampada (non olvidar linterna ou frontal). Non encontraremos moita auga para beber durante o camiño. Intentar non levar moito peso.

DESCRIPCIÓN DE LA ACTIVIDAD:

Os Portos da Agüeria é un lugar situado ao Norte do macizo de Ubiña. Están encaixados entre Peña Rueda polo Este e polo Huertos del Diablo polo Oeste. Administrativamente están entre os municipios asturianos de Quirós e Teverga.
Son uns prados mezclados con bosques de Acebos rodeados de montes calcáreos de gran beleza.
Dende a zona asturiana podese chegar pero hay que facer moitos kilómetros de carretera. Para chegar a eles dende a parte leonesa temos que utilizar camiños de certa dificultade, pero é unha oportunidade para conocer un poco mellor as posibilidades que ofrece a zona de Peña Ubiña.
Según as condicions decidirase antes o itinerario: pode ser pola Muesca de la Cigacha, polo Canalón Bajero de Peña Redonda, o polo Senda de las Merinas.
Saldremos el viernes por la noche y llegaremos algo tarde a la zona para dormir junto a los coches.
O sábado utilizaremos un dos camiños que cruza a zona de Peña Ubiña para chegar a os Portos e dormir nas tendas.
Intentaremos ca ruta sea circular volvendo por outro dos pasos mencionados

SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

Serra da Enciña da Lastra

DATAS: 19 e 20 de Abril do 2008.
ORGANIZAN: Segundo Querejeta e Sito Blanco.
DIFICULTADE: Media
LONXITUDE: 20 Km.
PLAZAS: Mínimo e máximo
SAÍDA: Sábado 19, decidirase a hora no momento da xuntanza
PREZOS: Os prezos variaran segun numero de participantes
INSCRICIÓNS: Ata o xoves día 17 de Abril.
XUNTANZA: O xoves día 17 de Abril ás 21:30 h. no local do club.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
Sábado 19. Sairemos de Pontevedra e desprazarémonos ata ó pobo de Oulego, onde montaremos as tendas e pasaremos a noite
Domingo 20. Iniciaremos a ruta no pobo de Oulego que se atopa aos pés dunhas impoñentes cristas calcarias. Subindo entre aciñeiras e vexetación mediterránea chegamos a zona coñecida como O Penedón, onde temos unhas espectaculares vistas. Tras pasar preto do pobo de Biobra, chegamos ao miradoiro onde temos unhas fermosas vistas dos vales do Sil e do Galir. Logo de pasar a estrada N-120, temos unhas vistas do río Sil, e chegamos o bobo de Cobas, pasado este continuamos entre farallóns calcáreos e un aciñeiral ata o antigo camiño que unía Cobas e Vilardesilva, lugar onde rematamos a ruta.
MATERIAL NECESARIO: Cea para o sábado; almorzo e xantar para o domingo. Se queres almorzar e cear quente, leva cocinilla. Tamén será necesario estela e saco de durmir.

jueves, 28 de febrero de 2008

SEMANA SANTA

Parque natural de cazorla segura y las villas

Data:Do 19 o 23 de marzo.
Dificultade : Media.
Distancia: Varios sendeiros de distinta lonxitude
Organiza :Carlos Rios.
Saída: O mércores día 19.
Prezos: Variarán en función do número de participantes e decidiranse na reunión da actividade.
Inscricións: Ata o día 14 de marzo é reunión obrigatoria o venres día 14 ás 21:30h no local do club.Decidirase na reunión a hora de saída, o prezo e outras cousas .
Material necesario: Material de acampada individual, mochila de ataque, e todo o necesario para 4 días de sendeiros. E recomendable levar prismáticos, cámaras de fotos.


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :

A idea e coñecer en 4 días parte do parque natural de Cazorla facendo base nun camping da zona preto da localidade de Cazorla. No parque natural existen multitude de sendeiros de todo tipo de dificultade. Do cámping parten 14 sendeiros que iremos alternando segundo ó tempo atmosférico e a forma física dos participantes. O igual que o ano pasado en Monfrague tentaremos descubrir os segredos da fauna, flora e a Xeoloxía da zoa. Visitaremos o centro dos visitantes da Torre do aceite.
Entre as riquezas do parque están os voitres, alimoches, aguia imperial, lince, cabra montesa....

Estamos á espera de recibir mais información da zoa que poderán ampliar no club. O noso horario é de mércores a venres de 21 a 22 h.

domingo, 3 de febrero de 2008

ACTIVIDADES DE MARZO

CATOUTE

Data:1 e 2 de marzo
Dificultade: media, depende moito da cantidade e do estado da neve (se a hai)
Organiza: Fernando Molina
Distancia dende Pontevedra: Colinas del Campo de Martín Moro está a 347 Km. de Pontevedra.
Prezos: Socios federados ------------------- 25€
Socios ------------------------------- 30€
Non socios -------------------------- 40€
Os prezos poderán variar no caso de non reunir xente suficiente para ir en bus.
Saída: O sábado a las 8 de la maña.
Inscricións: ata o xoves 28 de febreiro as 21,30 h
Reunión obrigatoria: O xoves día 28 de febreiro as 21,30h. Se a predicción do tempo es moi mala podería aprazarse a saída.
Material necesario: Dependendo do tempo material para la neve. Tamén haberá que levar material de acampada. Una mochila pequena de ataque o similar pode ser útil, si deixamos a grande nun punto e camiñamos dende alí.
Descrición da actividade:
O Catoute e o monte que algúns chaman “cumbre del Bierzo”. Ten unha altitude de 2112 m. Nas guías e libros e considerado como un cumio relativamente fácil e moi bonito.
Sairemos de Colinas del Campo de Martín Moro Toledano (1050m).Este pobo de nome tan longo está declarado Ben de Interese Cultural, coa categoría de Conxunto Histórico e pertence o municipio de Igüeña.
Ascenderemos por un bonito sendeiro (din que de orixe romano que constituía un dos ramais do Camiño de Santiago, que enlazaba o Camiño Francés co do Norte) xunto o río Boeza ata o seu nacemento nunha zona de prados (cubeta de orixe glaciar) ideal para acampar (1500m). Neste lugar hai unha cabana e unha ermida. Aquí poderemos deixar a maior parte do peso e saír dar unha volta en dirección a outros montes da zona (Tambarón) o hacia o pobo omañés de Fasgar. O domingo haberá dúas opcións para subir o Catoute (2112m):
o Con mochila lixeira e voltar polo mesmo camiño que fixemos.
o Subir con todo o material e voltar a Colinas por un camiño diferente, facendo unha ruta circular de dous días.
No local do club deixo fotocopias con algunhas curiosidades sobre a zona que busquei en internet.


IROITE
(Circular do Barbanza)



Data:9 de marzo
Dificultade: Baixa agás pola distancia a percorrer
Distancia: Entre 22 e 25km
Organiza: Amancio Castro e Carlos Rios contando coa colaboración de Daniel Pino que e o noso Guía especializado na zona.
Prezos: Socios federados ------------------- 6€
Socios ------------------------------- 12€
Non socios -------------------------- 20€
Saída: Do pavillón dos deportes as 8:30h
Inscricións: ata o xoves 6 de marzo.
Reunión obrigatoria: O xoves 6 de marzo as 21,30h.
Material necesario: Auga e comida para o día, Chuvasqueiro , protección solar,roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns e cámara de fotos.
Moi importante levar auga suficiente dado que so hai un punto de auga no camiño( na metade); tamén e importante levar botas.
Descrición da actividade:
A serra da Barbanza estendese de norte a sur dende a ría de Noia ata a ría de Arousa . No seu estremo norte atopase o monte Iroite con 687m ocupado pola EVA 10 ( radares militares). Este será o noso punto de partida para coñecer a serra dun xeito diferente.Comezaremos a camiñar pola pista que rodea a serra polo oeste co a ría de Noia os nosos pes. Seguiremos sempre pola pista cara o sur descubrindo diferentes miradoiros ata chegar a altura do monte Enxa, co centro de control marítimo no seu cumio.Aquí viraremos cara o leste e comezaremos a descubrir as brañas que ocupan gran parte da serra.Atravesaremos polas brañas para chegar ata a única fonte do camiño para comer. Dende alí seguiremos cara o leste ata descubrir a ría de Arousa . Despois das fotos aínda nos queda unha tiradiña ata o bus; e de seguro que neste tramo todos descubriremos cousas novas
(Fíxosenos noite vendo o atardecer sobre a ría ).

ACTIVIDADES DE FEBREIRO

ARRODEO DO MARCOFAN


Data: 17 de febreiro.
Dificultade : Baixa.
Distancia: 18km
Organiza : Roberto Lusquiños .
Saída: Do pavillón dos deportes as 9:30h
Prazas: Min 30 e Max 40
Prezos: Socios federados ------------------- 5€
Socios ------------------------------- 10€
Non socios -------------------------- 15€
Inscricións: Ata o día 14 de febreiro e reunión obrigatoria o xoves día 14 ás 21:30h no local do club. Ás custas pagaranse no momento da inscrición.
Material necesario: Auga e comida para o día, Chuvasqueiro , protección solar,roupa de abrigo ,etc . Recomendable bastóns.


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE :
Nesta ocasión ímonos acercar ata terras do concello de Beariz . Comezaremos a camiñada preto da aldea de As Santas na N541.
Camiñando por pistas achegarémonos ata o Alto da Vixía,con fermosas vistas das serras do interior e do val de Beariz, pasando por a Mámoa de Chancela e o Porto dos Bois. Dende alí baixaremos na procura do Castro de Magros e da aldea do mesmo nome. Despois da visita a aldea achegarémonos a un sobreiral con sorpresas e dende alí voltaremos a pista forestal para voltar o punto de partida rodeando o Marcofan pola ladeira oeste.

sábado, 26 de enero de 2008

CURSO ESCALADA

CURSO DE ESCALADA NIVEL I

ACTIVIDADE.Curso de Iniciación á Escalada (nivel I) (Conceptos básicos, 10 horas)

DATAS.-11,13 E 15 DE FEBREIRO (luns, martes, xoves).De 20:00 h a 23:00 h.
LUGAR. Local do club e Rocódromo Municipal de Pontevedra
Nº PARTICIPANTES.12 máximo
INSCRICIÓN .Ata o día 8 de febreiro
PREZOS. Socios 30€, non socios 45€
OBXECTIVO DO CURSO.-Que o participante coñeza e asimile as técnicas de aseguramento e escale en rocódromo como primeiro de corda.

DESENVOLVEMENTO DO CURSO
Primeiro día.- AULA
Charla sobre escalada, material e o seu uso.
Nó de encordamento (oito)
Nó asegurador (dinámico)
Teoría da cadea de seguridade
(Practicar de mosquetonaxe).
Segundo día.- ROCÓDROMO
Quecemento dirixido (estiramentos)
Boulder
Teoría de técnicas de progresión:
-Apoios de pés
-Oposición
-Apoios de mans
-En X
-Adherencia, ...
Escalar de 2º (Top Rope) con dobre asegurador en grupos de 2/3 alumnos.
Terceiro día.- ROCÓDROMO
Quecemento e boulder
Teoría para escalar de primeiro de corda
Simulación de escalada de 1º en grupos de 2/3 alumnos.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES 2008

  • CALENDARIO ACTIVIDADES 2008




    19-20 XANEIRO CURSO DE TECNICA ALPINA
    11-13-15 FEBREIRO CURSO ESCALADA NIVEL I
    17 FEBREIRO SUBIDA O MARCOFAN
    1-2 MARZO CATOUTE
    9 MARZO SERRA DO BARBANZA – IROITE
    19 O 23 MARZO P. N. CAZORLA
    6 ABRIL CAMELLE – CAMARIÑAS
    7-9-11 ABRIL CURSO ESCALADA NIVEL II
    19-20 ABRIL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
    4 MAIO SOBREIRAIS DO ARNEGO
    17-18 MAIO PORTOS DE AGÜEIRA
    1 XUÑO ENCORO DE ALVARELLOS
    15 XUÑO POZAS DE MOUGAS
    1 O 11 XULLO PIRINEO ANDORRANO
    25-26-27 XULLO SERRA DA FREIXA (PORTUGAL)
    15-16-17 AGOSTO PICOS DE EUROPA
    31 AGOSTO COÑECE O TEU ENTORNO
    21 SETEMBRO VIII MARCHA POPULAR “A FRACHA”
    27 SETEMBRO II ANDAINA DO VAL DO LEREZ 50KM
    26 OUTUBRO CASTELO DA PEROXA
    9 NOVEMBRO GROVAS – A ALDEA ABANDOADA
    22-23 NOVEMBRO SERRA DO INVERNADOIRO
    6-7-8 DECEMBRO UBIÑA